Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2018 Páx. 11444

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2018 pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal das agrupacións de voluntarios/as de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia.

O artigo 43 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, establece que o persoal do Sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia estará formado tanto por persoal de carácter profesional de servizos que realice algunha actividade relacionada coa xestión de riscos e de emerxencias como por persoal voluntario de entidades ou organizacións públicas ou privadas sen ánimo de lucro que teñan como fin a protección das persoas, dos bens e do ambiente en situacións de xestión de riscos e de emerxencias. Segundo o artigo 44 da citada lei, este persoal organizarase en grupos operativos.

Pola Resolución do 2 de agosto de 2010 publicouse o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) onde se establece a estrutura de dirección e coordinación e as unidades organizativas para facer fronte dun xeito coordinado ás emerxencias que poidan producirse en Galicia derivadas de riscos naturais, tecnolóxicos ou antrópicos.

Conforme o establecido no artigo 46 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, e na Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), anúnciase a convocatoria dos cursos de formación continua dirixidos ao persoal das agrupacións de voluntarios/as de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, conforme as seguintes bases:

Primeira. Actividades formativas

As actividades formativas serán as que se especifican no anexo desta resolución, no cal se indica tamén, de ser o caso, o número de edicións por curso, número de horas lectivas, número de prazas, datas de realización e horarios dos distintos cursos. As actividades formativas terán preferentemente horario de mañá e de tarde.

Todos os cursos convocados realizaranse na Academia Galega de Seguridade Pública (rúa Cultura s/n, A Estrada, Pontevedra), sen prexuízo de que algunhas actividades formativas concretas ou módulos destas se poidan facer fóra das súas instalacións.

De ser o caso, as persoas seleccionadas nas diferentes actividades formativas serán notificadas por correo electrónico de calquera outra información necesaria.

Segunda. Contido das actividades formativas

O contido das diferentes actividades formativas convocadas pola presente resolución pode consultarse na páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública (http://agasp.xunta.gal) na epígrafe «Formación».

Terceira. Destinatarios/as

Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia.

Este persoal forma parte do Sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia).

Cuarta. Requisitos de participación dos/das solicitantes

1. Requisitos xerais:

a) Ter superado o curso básico de protección civil.

b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.

c) Para os cursos de condución, permiso de conducir B1.

2. Requisitos físicos/psíquicos:

Os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou co desempeño das funcións correspondentes ao curso a que se opta, mediante declaración que se efectuará xunto coa solicitude de matrícula no curso, e será obriga de cada alumno/a poñer en coñecemento da Agasp calquera alteración relacionada con ela.

Quinta. Solicitudes

a) O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp (http://agasp.xunta.gal); non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

É preciso que todas as persoas que desexen participar en cursos da Agasp manteñan actualizados os seus datos persoais, especialmente a conta de correo electrónico e o teléfono móbil, co obxecto de posibles comunicacións. No suposto de non seren correctos ou exactos tales datos, a Agasp non é responsable dos posibles prexuízos causados aos interesados.

b) As persoas que non sexan usuarias da páxina web da Agasp deberán previamente darse de alta nela, para o que é necesario facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

c) En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información poderán dirixirse á Agasp a través dos números de teléfono 886 20 61 12, 886 20 61 37 e 886 20 61 38, do fax 886 20 61 23 ou do enderezo de correo electrónico formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.

d) A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito.

e) Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente todos os datos para realizar a selección do alumnado, non se axusten ao modelo normalizado ou sexan presentadas fóra de prazo.

f) Non está permitida a realización de cursos que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria con outro no cal xa foi seleccionado, debe renunciar a un deles.

Sexta. Prazo de inscrición

O prazo de inscrición é de 10 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que reúna os requisitos do curso, poderá completarse o alumnado asignado a este mediante a apertura dun novo prazo público de presentación de solicitudes na páxina web da Agasp, coa antelación posible en función da data do curso e para que teña lugar unha adecuada selección das persoas candidatas.

Sétima. Criterios de selección

Os criterios de selección son os seguintes e na orde indicada:

1º. De acordo co artigo 50 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, en cada edición do curso reservarase un cincuenta por cento das prazas para mulleres que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria.

2º. Teñen preferencia as persoas de maior rango xerárquico na AVPC.

3º. Teñen preferencia as persoas con máis antigüidade como voluntarias de protección civil.

4º. Teñen preferencia as persoas con menos cursos feitos na Agasp nos últimos dous anos.

Cando no proceso de selección non se complete a reserva do punto primeiro, a dita reserva, de existir suficiente número de solicitantes, completarase co resto de resto de solicitudes.

Os solicitantes que realizasen anteriormente o curso poderán ser seleccionados para realizalo no suposto de existiren vacantes. De non existiren vacantes, poderán figurar na lista de reserva despois dos solicitantes que non tivesen o curso.

Oitava. Admisión

A Agasp publicará na súa páxina web http://agasp.xunta.gal unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas, de acordo co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os/as alumnos/as seleccionados/as serán informados da súa selección a través do correo electrónico e tamén, para quen facilite un número de teléfono móbil, a través de mensaxe telefónica.

O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.

A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación mínima de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.

A Agasp reserva para si o dereito de solicitar todos aqueles datos que considere necesarios para a adecuada realización da selección.

Novena. Uniformidade

É obrigatorio asistir ao curso co uniforme de traballo. As persoas que incumpran esta norma poderán ser dadas de baixa na actividade.

Décima. Aloxamento e manutención

A Agasp proporcionará sempre que sexa posible aloxamento de luns a venres na súa residencia a todas as persoas seleccionadas que o soliciten. Unha vez comunicada a selección, a persoa interesada deberá solicitar o aloxamento enviando unha mensaxe ao correo electrónico formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal.

A Agasp tamén proporcionará a manutención ás persoas desempregadas admitidas nos cursos e así o soliciten, nos termos que esta estableza e sempre dentro do recinto da Agasp.

A situación de desemprego deberá acreditala o/a alumno/a seleccionado/a na data de inicio do curso, mediante a presentación da tarxeta de desemprego ou calquera documentación acreditativa valida en dereito.

Todo isto, tanto o aloxamento coma a manutención, estará condicionado ás dispoñibilidades organizativas e orzamentarias da Agasp.

Décimo primeira. Dereitos e deberes do alumnado participante

Durante o desenvolvemento da actividade ao alumnado seralle de aplicación, en canto aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da Agasp.

Décimo segunda. Faltas de asistencia

O Regulamento de réxime interior da Agasp regula no seu artigo 16 as faltas de asistencia nos cursos:

«1. A asistencia ás clases e actividades comprendidas no programa do curso é obrigatoria. As faltas que as/os alumnas/os acumulen deberán xustificarse debidamente e penalizaranse disciplinariamente en caso contrario.

2. A/o alumna/o que, por enfermidade ou algunha outra causa xustificada, perda máis do 10 % das clases do curso de formación será declarado non apto e poderá incorporarse ao curso seguinte ou cando a causa determinante llo permita.

De ser necesario, e só nos casos en que a inasistencia ás clases estea motivada por accidente ou lesión sufridos con ocasión da actividade académica, o director xeral poderá considerar a conveniencia ou a oportunidade de permitir ao/á alumno/a poder recuperar ata un determinado número de horas e participar posteriormente nun exame extraordinario para poder superar o curso sen ter que repetilo.

3. No entanto, aínda que as ausencias acumuladas non cheguen á porcentaxe sinalada, a/o alumna/o poderá verse obrigado/a a recuperar todas ou parte das horas perdidas ao longo do curso. Neste caso a xefatura de ensino proporá ao director xeral o número de horas que se deban recuperar, tendo en conta, en cada caso concreto, o tipo de xustificación presentada para cada ausencia, así como o número total destas e o comportamento e a actitude da/do alumna/o ao longo do curso».

Décimo terceira. Certificado de aproveitamento

Ao finalizar a actividade entregarase un certificado de aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada e superen a proba final.

Décimo cuarta. Facultades da Agasp

A Agasp poderá modificar sen necesidade de nova publicación o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Agasp tamén poderá, sen necesidade de nova publicación, suprimir o curso, cambiar as súas datas de celebración, ampliar novas edicións ou prazas deste, ou suspendelo, cando así veña exixido por circunstancias que afecten a súa organización ou docencia.

Así mesmo, facúltase o director xeral para ditar resolución sen necesidade de nova publicación para interpretar, se for o caso, o desenvolvemento da convocatoria ou docencia.

A Estrada, 20 de febreiro de 2018

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO
Cursos de formación continua para o persoal das agrupacións de voluntarios/as de protección civil
da Comunidade Autónoma de Galicia

Denominación do curso

Núm. de edicións

Horas lectivas

Prazas por edición

Datas

Horario

Lugar

Curso de comunicacións de emerxencia para voluntarios de protección civil

2

12

20

1ª edición

1ª edición

Agasp (A Estrada)

10, 11 de marzo

Das 9.30 ás 14.00 e das 16.00 ás 19.00 último día das 9.30 ás 14.00

2ª edición

2ª edición

19, 20 de maio

Das 9.30 ás 14.00 e das 16.00 ás 19.00 último día das 9.30 ás 14.00

Busca e localización de persoas desaparecidas: metodoloxía, coordinación de recursos e novas tecnoloxías

1

20

20

20, 21, 22 de abril

Das 9.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 18.30, último día das 9.00 ás 13.00

Agasp (A Estrada)

Marco regulador dos drons e o seu uso en emerxencias

1

15

20

15, 16 de marzo

Das 9.30 ás 14.00 e das 15.30 ás 18.30

Agasp (A Estrada)

Curso básico de fitosanitarios (presencial)

1

25

30

2, 3, 4, 5 de maio

Das 10.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 18.30, o último día das 10.00 ás 14.00

Agasp (A Estrada)

Curso básico de fitosanitarios (semipresencial)

1

25

30

Do 1 ao 21 de maio, parte presencial 19, 20 e 21 de maio

Día 19, 20 de maio das 9.30 ás 14.00, o día 21 de maio das 10.00 ás 14.00

Agasp (A Estrada)

Curso de emerxencias ambientais

1

20

20

20, 21, 22 de abril

Das 9.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 18.30, último día das 9.00 ás 13.00

Agasp (A Estrada)

Rescate, manexo e contención de animais en emerxencias

1

8

16

6 de abril

Das 9.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 18.30

Agasp (A Estrada)

Intervencións en presenza de riscos eléctricos

1

12

16

31 de maio, 1 de xuño

Das 9.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 18.30, último día das 9.30 ás 13.30

Agasp (A Estrada)

Responsabilidade xurídica derivada do uso das redes sociais

2

20

20

1ª edición

1ª edición

Agasp (A Estrada)

22, 23, 24 de marzo

Das 9.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 18.30, último día das 10.00 ás 14.00

2ª edición

2ª edición

28, 29, 30 de xuño

Das 9.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 18.30, último día das 10.00 ás 14.00

Situacións de emerxencia con persoas con discapacidade para AVPC

1

8

20

11 de abril

Das 9.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 18.30

Agasp (A Estrada)

Coordinación en actos públicos e multitudinarios para AVPC

1

21

20

9, 10, 11 de abril

Das 9.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 18.30, último día das 9.00 ás 14.00

Agasp (A Estrada)

Medidas preventivas fronte a riscos naturais

1

21

20

7, 8, 9 de maio

Das 9.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 18.30, último día das 9.00 ás 14.00

Agasp (A Estrada)

Intervención no tráfico, sinalización circunstancial e balizamento

2

16

25

1ª edición

1ª edición

Agasp (A Estrada)

16, 17 de abril

Das 9.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 18.30

2ª edición

2ª edición

26, 27 de marzo

Das 9.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 18.30

Seguridade nas probas deportivas de motor

2

16

20

1ª edición

1ª edición

Agasp (A Estrada)

21, 22 de marzo

Das 9.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 18.30

2ª edición

2ª edición

31 de maio, 1 de xuño

Das 9.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 18.30

Coordinación e colaboración na intervención e investigación de accidentes de tráfico. A toma de datos

2

16

25

1ª edición

1ª edición

Agasp (A Estrada)

15, 16 de maio

Das 9.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 18.30

2ª edición

2ª edición

4, 5 de xuño

Das 9.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 18.30

Incidentes con múltiples vítimas para AVPC

1

56

20

12, 13, 14, 15, 16, 19, 20 de marzo

Das 9.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 18.30

Agasp (A Estrada)

Intervención en accidentes de tráfico con vehículos pesados para AVPC

1

40

20

2, 3, 4, 5, 6 de abril

Das 9.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 18.30

Agasp (A Estrada)

Os equipamentos de protección respiratoria

1

24

20

16, 17, 18 de abril

Das 9.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 18.30

Agasp (A Estrada)

Apoio psicolóxico básico e manexo do estrés en situacións críticas de emerxencia e catástrofe

2

16

25

1ª edición

1ª edición

Agasp (A Estrada)

19, 20 de abril

Das 9.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 18.30

2ª edición

2ª edición

3, 4 de maio

Das 9.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 18.30

Curso de estabilización de vehículos en accidentes de tráfico

1

25

20

11, 12, 13 de abril

Das 9.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 19.00 o último día ata as 18.30

Agasp (A Estrada)

Condución de vehículos todoterreo

1

20

20

12, 13, 14 de marzo

Das 10.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 19.30, último día das 10.00 ás 14.00

Agasp (A Estrada)

Condución de emerxencias

2

20

20

1ª edición

1ª edición

Agasp (A Estrada)

19, 20, 21 de marzo

Das 10.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 19.30, último día das 10.00 ás 14.00

2ª edición

2ª edición

21, 22, 23 de marzo

Das 10.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 19.30, primeiro día das 15.30 ás 19.30

Responsabilidade civil e penal dos corpos de emerxencia para AVPC

1

20

20

23, 24, 25 de abril

Das 10.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 19.30, último día das 9.30 ás 13.30

Agasp (A Estrada)

Como ser un comunicador eficaz: comunicación verbal e non verbal

1

24

20

14, 15, 16 de marzo

Das 10.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 19.30

Agasp (A Estrada)

O conflito e o seu tratamento

1

24

20

11, 12, 13 de abril

Das 10.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 19.30

Agasp (A Estrada)

Hidráulica aplicada aos servizos de protección civil

1

21

20

23, 24, 25 de abril

Das 10.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 18.30

Agasp (A Estrada)

Meteoroloxía aplicada á prevención e intervención en emerxencias

2

16

16

1ª edición

1ª edición

Agasp (A Estrada)

28, 29 de abril

Das 9.00 ás 14.00 e das 15.00 ás 18.00

2ª edición

2ª edición

24, 25 de maio

Das 9.00 ás 14.00 e das 15.00 ás 18.00

Nós útiles en operacións de salvamento

2

16

16

1ª edición

1ª edición

Agasp (A Estrada)

19, 20 de maio

Das 9.00 ás 14.00 e das 15.00 ás 18.00

2ª edición

2ª edición

14, 15 de xuño

Das 9.00 ás 14.00 e das 15.00 ás 18.00

Socorrismo e primeiros auxilios con recursos de fortuna

2

16

16

1ª edición

1ª edición

Agasp (A Estrada)

15, 16 de maio

Das 9.00 ás 14.00 e das 15.00 ás 18.00

2ª edición

2ª edición

26, 27 de maio

Das 9.00 ás 14.00 e das 15.00 ás 18.00

Evacuación de vítimas traumáticas en zonas de difícil acceso: manexo de padiolas de rescate

2

16

16

1ª edición

1ª edición

Agasp (A Estrada)

16, 17 de xuño

Das 9.00 ás 14.00 e das 15.00 ás 18.00

2ª edición

2ª edición

21, 22 de xuño

Das 9.00 ás 14.00 e das 15.00 ás 18.00

Topografía aplicada ás emerxencias

2

16

16

1ª edición

1ª edición

Agasp (A Estrada)

26, 27 de abril

Das 9.00 ás 14.00 e das 15.00 ás 18.00

2ª edición

2ª edición

23, 24 de xuño

Das 9.00 ás 14.00 e das 15.00 ás 18.00

Intervención, auxilio e rescate en terreo nevado

2

16

16

1ª edición

1ª edición

Estación invernal de Manzaneda (Ourense)

15, 16 de marzo

Das 9.00 ás 14.00 e das 15.00 ás 18.00

2ª edición

2ª edición

17, 18 de marzo

Das 9.00 ás 14.00 e das 15.00 ás 18.00

As comunicacións nos operativos ou intervencións.

1

16

16

7, 8 de xuño

Das 9.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 18.30

Agasp (A Estrada)

Seguridade e promoción da saúde: a prevención de riscos laborais para voluntarios de protección civil

1

24

20

4, 5, 6 de xuño

Das 9.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 18.30

Agasp (A Estrada)

Reaccións ante situacións de emerxencia vital. Técnicas de autoxestión, empatía e escoita

1

24

20

9, 10, 11 de maio

Das 9.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 18.30

Agasp (A Estrada)

Inglés para a atención á cidadanía para voluntarios de protección civil

1

20

20

26, 27, 28 de marzo

Das 9.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 18.30

Agasp (A Estrada)