Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2018 Páx. 11690

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 21 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países e se convocan para o ano 2017.

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13, punto 4, da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, os órganos administrativos concedentes publicarán, no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

Na súa virtude, esta dirección xeral

RESOLVE:

Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, das axudas concedidas con cargo á Orde do 21 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países e se convocan para o ano 2017, e que figuran como anexo nesta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2018

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

– Finalidade: axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países.

– Partida orzamentaria: 13.03.713D.770.0 financiada polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga).

– Beneficiarios e axudas concedidas:

Beneficiario

Axuda concedida (€)

A Portela, SAT nº 523

1.006,50

Adega Terra de Asorei, S.L.

8.905,88

Adegas Castrobrey, S.L.

1.451,97

Adegas Valmiñor, S.L.

60.415,87

Asociación Wines From Galicia

11.949,78

Bodegas As Laxas, S.A.

3.400,00

Bodegas Eidosela, S.C.G.

21.075,00

Bodegas Fillaboa, S.A.

14.855,03

Bodegas Martín Códax, S.A.U.

141.219,00

Bodegas Milenium, S.L.

19.663,70

Bouza do Rei, SAT

4.887,50

C.R.D.O. Rías Baixas

212.971,32

C.R.D.O. Ribeiro

17.850,00

C.R.D.O. Valdeorras

4.394,04

Cooperativa Vitivinícola Arousana, S.C.G.

35.446,07

Grupo Gallego Valei, S.L.U.

7.550,00

Hga Bodegas y Viñedos de Altura, S.L.

47.910,04

Lagar de Besada, S.L.

3.553,00

Pazo Pondal, S.L.

68.376,69

The Flower And The Bee, S.L.

25.802,92

Viñas e Adegas Galegas, S.L.U.

61.211,47

Virxe de Galir, S.L.

61.773,41