Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2018 Páx. 11692

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade dunha encomenda de xestión á Axencia Galega de Innovación (Gain), para executar durante o ano 2018.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á seguinte encomenda de xestión:

Resolución do 25 de xaneiro de 2018, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Axencia Galega de Innovación (Gain) a xestión de determinadas actuacións relacionadas coa análise das necesidades de demanda en innovación no sector pesqueiro, busca de propostas e planificación, tramitada como expediente anticipado de gasto.

– Actividade: xestionar determinadas actuacións de análise das necesidades de demanda en innovación no sector pesqueiro, busca de propostas e planificación.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Axencia Galega de Innovación (Gain), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 25 de xaneiro de 2018 ata o 30 de decembro de 2018.

– Financiamento: tramitación anticipada con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, aplicación orzamentaria 14.02.723A.640.1 e con código de proxecto 2016 00287. Cofinanciada polo FEMP nun 75 %, na medida 7 (asistencia técnica).

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2018

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar