Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2018 Páx. 11693

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 4 de decembro de 2017 pola que se aproban as bases de subvencións á produción escénica e se convocan para o ano 2018.

Advertido erro na referida resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 243, do 26 de decembro de 2017, cómpre facer a oportuna corrección.

Na páxina 58205, base décimo sétima, 1, último parágrafo,

Onde di:

«– Os beneficiarios estarán obrigados a realizar, no prazo de seis meses desde a data da estrea do espectáculo, un mínimo de oito representacións do espectáculo subvencionado (cinco representacións se o espectáculo é de danza ou novo circo) co límite do 30 de setembro de 2018. Non se procederá ao pagamento de máis do 80 % da subvención concedida mentres non se xustifique o cumprimento da realización das funcións».

Debe dicir:

«– Os beneficiarios estarán obrigados a realizar, no prazo de seis meses desde a data da estrea do espectáculo, un mínimo de oito representacións do espectáculo subvencionado (cinco representacións se o espectáculo é de danza ou novo circo), co límite do 30 de setembro de 2019. Non se procederá ao pagamento de máis do 80 % da subvención concedida mentres non se xustifique o cumprimento da realización das funcións.