Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 669/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rafael Cases Aguirre contra a empresa Quepidohoy, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva se xuntan:
Sentenza.
Na Coruña, o 26 de xaneiro de 2018.
Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 669/2017, en que son parte, dunha banda, como demandante, Rafael Cases Aguirre, asistido pola letrada María Teresa Míguez Castelos, e, como demandada, Quepidohoy, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, sobre despedimento, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:
Resolvo que, estimando a demanda interposta por Rafael Cases Aguirre contra a empresa Quepidohoy, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ao demandante e condeno a demandada a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 223,90 euros. No caso de que opte pola readmisión, o traballador terá dereito aos salarios de tramitación, que ascenden a 13,57 euros/día.
Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.
Igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.
Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente.
Para que sirva de notificación en legal forma a Quepidohoy, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 26 de xaneiro de 2018
A letrada da Administración de xustiza


