Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2018 Páx. 11986

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 6 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución ditada no expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Tentada a notificación á persoa interesada que se especifica no anexo, da resolución da súa solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícaselle por medio deste anuncio co fin de que poida coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, a interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na rúa avenida de Zamora, 13, 4º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación á interesada en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, ponse en coñecemento da interesada que a resolución relacionada no anexo non esgota a vía administrativa e poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015 citada.

Ourense, 6 de febreiro de 2018

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente: 9612.

Interesada: Silva Junqueira, Jurema.

DNI/NIE /PAS: FN322121.

Último enderezo coñecido: rúa da Obra, 10, 2º, 32800 Celanova.