Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2018 Páx. 11987

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 13 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador MON-LU-0011/2016-CAF.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (aplicable segundo o disposto na disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio para seren notificadas por comparecencia.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

As persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Ordenación Forestal –Servizo de Xestión Forestal–, situadas na rúa San Lázaro, s/n, 1º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo á súa elección, ben ante o xulgado do contencioso correspondente ao seu domicilio, ou ben ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, por ser a sede do órgano autor do acto orixinario impugnado, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, segundo o disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2018

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal

ANEXO

Expediente: MON-LU-0011/2016-CAF.

Interesados: herdeiros de Plácido Roca Lage.

Acto de notificación: resolución de recurso de alzada.