Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2018 Páx. 11976

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación da contratación documentalmente simplificada por lotes, non suxeita a regulación harmonizada, procedemento aberto e tramitación ordinaria dun servizo de impresión, empaquetado e distribución de cadernos para as probas da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria, da avaliación final de educación primaria e da avaliación final de educación secundaria obrigatoria no curso 2017/18 na Comunidade Autónoma de Galicia (expediente SXIACSE-2-2018).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo. Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo.

c) Número de expediente: SXIACSE-2-2018.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: impresión, empaquetado e distribución de cadernos para as probas da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria, da avaliación final de educación primaria e da avaliación final de educación secundaria obrigatoria no curso 2017-2018 na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) División por lotes e número: si/3.

Lote 1: avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria.

Lote 2: avaliación final de educación primaria.

Lote 3: avaliación final de educación secundaria obrigatoria.

c) Prazo de execución: 15 días desde a sinatura do contrato.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

− Orzamento estimado: 43.820,00 €.

− IVE (21 %): 9.202,20 €.

− Orzamento total: 53.022,20 €.

O orzamento desagregado por lotes, é o seguinte:

Lote 1: avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria.

− Orzamento estimado: 18.310,00 €.

− IVE (21 %): 3.845,10 €.

− Orzamento total: 22.155,10 €.

Lote 2: avaliación final de educación primaria.

− Orzamento estimado: 15.390,00 €.

− IVE (21 %): 3.231,90 €

− Orzamento total: 18.621,90 €.

Lote 3: avaliación final de educación secundaria obrigatoria.

− Orzamento estimado: 10.120,00 €.

− IVE (21 %): 2.125,20 €.

− Orzamento total: 12.245,20 €.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación do contrato (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación da empresa: non é obrigatoria.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: deberán xustificarse polos medios sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 2, 1º andar, 15781 Santiago de Compostela.

c) Información de índole técnica: 981 54 65 27/981 54 65 30.

d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos, así como a información correspondente a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

https://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=277368

8. Presentación das ofertas:

a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de quince (15) días naturais contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª. Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante correo electrónico dirixido a: avaliacions@edu.xunta.es, no mesmo día.

2ª. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n,15781 Santiago de Compostela.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura dos sobres A e B publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2018

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria