Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2018 Páx. 11975

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EDICTO do 15 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente de reclamación eléctrica IN635A 2017/62-3.

Notifícase ao interesado, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución do expediente de reclamación eléctrica que a continuación se relaciona, anexo I, ao ser devolta polo servizo de Correos a notificación enviada no seu día.

O interesado dispón dun prazo de dez (10) días, a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para presentar ante a xefatura territorial as alegacións que considere pertinentes.

O expediente relacionado está á disposición do interesado na citada xefatura territorial de Ourense, na rúa Curros Enríquez, 1-4º.

Ourense, 15 de febreiro de 2018

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO I

Nº de expediente

Interesado

DNI

IN635A 2017/62-3

Luis Roberto Janeiro Rodríguez

44480899A