Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2018 Páx. 11925

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 340/2017).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 340/2017 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Granitos do Alba, S.L., Fremap, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais número 61, Antonio Puime López sobre outros dereitos de Seguridade Social, a Sala do Social do Tribunal Supremo ditou o 10.11.2017 a seguinte resolución:

«Dispoño declarar desistido o recurso de casación para a unificación de doutrina preparado por INSS contra sentenza ditada por TSX Galicia Social da Coruña con data do 8 de xuño de 2017 no recurso número RSU 340/2017, sen facer expresa imposición de custas.

Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que non terá efectos suspensivos respecto ao acordado.

O devandito recurso deberase interpoñer ante a sala no prazo de cinco días. Será indispensable que a este se acompañe xustificante acreditativo de ter constituído o depósito de 25 euros na conta desta sala aberta no Banco de Santander, sen o cal non se admitirá a trámite, salvo que o recorrente obtivese ou teña recoñecido legalmente o dereito a asistencia xurídica gratuíta ou se trate do Estado, entidades e organismos a que se refire o punto 4 do artigo 229 da LRXS, que os exime de tal ingreso. O devandito ingreso poderá realizarse do seguinte modo:

a) Se se efectúa nunha oficina do Banco de Santander, farase na conta de depósitos e consignacións núm. 2410/0000/66/núm. rec./ano.

b) Se se efectúa a través de transferencia bancaria ou por procedementos telemáticos, farase na conta núm. 0049 3569 92 0005001274, código IBAN. ES55, e no campo concepto: 2410/0000/66/núm. rec./ano.

Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia, con certificación desta resolución e comunicación. Así o acordo e asino.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Granitos do Alba, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza