A Orde do 22 de novembro de 2017 (DOG núm. 232, do 7 de decembro) establece as bases e anuncia a convocatoria –en réxime de concorrencia competitiva e con sometemento aos principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, mérito e capacidade– de dúas bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos localizados noutras tantas universidades de fóra de Galicia.
Logo de ver a proposta de resolución definitiva de adxudicación das ditas bolsas de formación e a certificación, remitidas ambas pola subdirectora xeral de Política Lingüística en cumprimento do establecido no artigo 17.2 da dita orde, acompañadas da acta da comisión de valoración constituída ao abeiro do artigo 15.5 da referida orde e da resolución definitiva de admitidos e excluídos, este secretario xeral, no uso das facultades que lle son expresamente delegadas en virtude da disposición adicional única da Orde do 22 de novembro de 2017,
DISPÓN:
Artigo 1
Adxudicar as bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas dos centros de estudos galegos localizados nas universidades Nova de Lisboa e Federal da Bahía, coas condicións establecidas na orde da convocatoria e polo período que se indica, ás persoas relacionadas no anexo I.
Artigo 2
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o/a titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2018
Valentín García Gómez
Secretario xeral de Política Lingüística
ANEXO I
Adxudicación das bolsas de formación
Destino |
Apelidos e nome |
NIF |
Período |
Universidade Nova de Lisboa |
André Iglesias, Gabriel |
33546452D |
1.3.2018 a 31.1.2021 |
Universidade Federal da Bahía |
Luna Magariños, Araceli |
35490824F |
1.3.2018 a 31.1.2021 |