Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2018 Páx. 12164

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Dombodán-Branzá (Arzúa), para seren notificados por comparecencia do acordo de concentración da dita zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado, os propietarios da zona de concentración parcelaria de Dombodán-Branzá (Arzúa-A Coruña) que se citan no anexo, para ser notificados do acordo de concentración parcelaria da devandita zona.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os interesados poderán coñecer o contido íntegro da resolución mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Contra a referida resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, no prazo dun mes, con independencia de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.

A Coruña, 14 de febreiro de 2018

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña

ANEXO
Acto notificado: acordo de concentración da zona de
Dombodán-Branzá (Arzúa-A Coruña)

Interesados:

Amboage Vázquez, Manuel

Botana Pedreira, Ramiro

Brandariz López, Amalia

Camino Dono, Esther

Carreira Vázquez, José

Castro Villar, Santiago

Codesido Calvo, Carmen

Fernández Calvo, María Aurora

Fernández Costoya, Montserrat

Fernández Varela, Lourdes

García Mera, Manuel

López Codesido, María Esther

Maizonada Galán, Sérvulo

Martínez Conde, Alfonso

Martínez Conde, José María

Mato Souto, Ramón

Mera Conde, Ramón

Montaña Barcia, José

Montero Vilela, Elisardo

Pampín Souto, Ramona

Ramos Codesido, María Ángeles

Ramos López, Manuel

Pardo Rodríguez, Benjamín

Pereira Conde, Benigno

Pampín Souto, Manuel

Sánchez Rey, María

Souto Iglesias, José Ramón

Souto Iglesias, Hermindo

Souto Montero, Manuel

Souto Sebio, Elena

Telefónica Servicios Móviles, S.A.

Vallo Camino, Eduardo

Veiga López, María del Carmen

Veiga López, Ramón

Vilela Rúa, José

Vilela Rúa, Víctor

Cardama Torres, Victoria

García Vaamonde, Fernando

González Castelo, María

Río Amboage, José Laureano

Sánchez Silva, Lourdes I.

Souto Lamas, Guillermo Adolfo

Vilela Mera, María del Carmen