Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2018 Páx. 12163

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 16 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, en procedementos de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación 004/2016 AT no concello de Barreiros.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada E/S da LAT 132 kV Porzún-Mondoñedo na subestación de Barreiros, no concello de Barreiros, correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Lugo, 16 de febreiro de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: 004/2016 AT.

Entidad beneficiaria: Viesgo Distribución Eléctrica, S.L.

Denominación da instalación: E/S da LAT 132 kV Porzún-Mondoñedo na subestación de Barreiros.

Concello: Barreiros.

Predio

Polígono

Parcela

Titular proposto

Data ocupación

18 B

65

166

Monte comunal de San Cosme de Barreiros

23.2.2018