Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2018 Páx. 12175

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 8 de febreiro de 2018 pola que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 11 de xaneiro de 2016, ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/112/2014-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 18 de outubro de 2017, resolución pola que se desestima o recurso potestativo de reposición interposto por Ana Pérez Arias contra a Resolución do 11 de xaneiro de 2016, recaída no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/112/2014-RP1, pola que se declaraban ilegalizables as obras de construción dunha edificación de planta baixa e semisoto, con tipoloxía residencial de vivenda unifamiliar, así como a construción dunha grella de fábrica, na parcela 73 do polígono 308, no lugar de Outeiro, Choquete, no termo municipal de Lugo, por ser incompatibles co ordenamento xurídico, confirmando, en consecuencia, a resolución impugnada.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Germán Alonso Pérez, en representación de José Luis González López, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ao interesado a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística