Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2018 Páx. 12212

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2018 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración do vestiario do persoal dos centros de atención ás persoas maiores dependentes deste organismo (contratación documentalmente simplificada).

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar a seguiente contratación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Número de expediente: CGSIB/001/17/SU/CD-VEST.

2. Obxecto do contrato:

Descripción do obxecto: contratación da subministración do vestiario do persoal dos centros de atención ás persoas maiores dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

a) Lugar de execución: Galicia.

b) Prazo de execución: sesenta e cinco (65) días naturais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria, e documentalmente simplificada.

b) Procedemiento: aberto.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento de licitación: 71.144,03 €, IVE incluído.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: si (5 % do orzamento base de licitación).

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, rúa San Lázaro, s/n, 3ª andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono de información: 881 99 64 08.

e) Telefax: 881 99 64 04.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata finalizar o prazo de presentación de proposicións.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.igualdadebenestar.org.

7. Requisitos específicos do/da contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares e no cadro de especificacións.

c) Solvencia técnica: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares e no cadro de especificacións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do trixésimo (30º) día natural, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se coincide en sábado ou festivo pasará ás 14.00 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que se debe presentar: a que figura na cláusula 6ª do prego de cláusulas administrativas particulares e na letra R da folla de especificacións. Debe figurar no exterior dos sobres o CIF de quen licita. No caso de tratarse de persoas inscritas no Rexistro de Contratistas, indicarase o número de rexistro no exterior do sobre.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, rúa San Lázaro, s/n, 3ª andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Prazo durante o cal a persoa que licita estará obrigada a manter a súa oferta: ver prego.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, rúa San Lázaro, s/n, 3º andar.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: a apertura en acto público do sobre B terá lugar na sala de xuntas do Consorcio ás 10.00 horas do décimo (10º) día natural seguinte ao de finalización do prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado ou festivo pasará ao siguiente día hábil. A apertura do sobre C será na data e hora que se lles notificará aos licitadores, por fax ou cualquera outro medio admitido, e se publicará no perfil do contratante con dous días hábiles de antelación á súa realización.

10. Outras informacións:

– Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo á comprobación da documentación xeral, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Criterios de valoración: os que se enumeran coas súas valoracións nos pregos e no perfil do contratante.

– Apertura dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizarase con anterioridade á apertura e valoración do sobre C. No caso de que a apertura do sobre B se retrase, farase pública a nova data mediante notificación por fax aos licitadores presentados e no perfil do contratante.

11. Gastos dos anuncios: os anuncios da presente licitación serán por conta da persoa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2018

Perfecto Rodríguez Muíños
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar