Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2018 Páx. 12211

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Pontes de García Rodríguez

ANUNCIO de aprobación inicial de estudo de detalle promovido por Gestión Inmobiliaria Veimag, S.L.

A Xunta de Goberno local, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 1 de febreiro de 2018, aprobou inicialmente o estudo de detalle promovido por parte de Gestión Inmobiliaria Veimag, S.L., no encontro entre a avenida de Ortigueira e a rúa Rectoral. O estudo de detalle redactárono os arquitectos Antonio Ferreiro Romero e Jorge Cebreiro Cabarcos, en decembro de 2017.

O estudo de detalle ten por obxecto o reaxuste de aliñacións na parcela que linda ao norte coa rúa Rectoral e ao leste coa avenida de Ortigueira.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, para os efectos de que durante o prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, os interesados poidan consultar o expediente no Departamento de Urbanismo do concello (avenida de Castelao, nº 36), de luns a venres, das 8.00 ás 14.30 horas, e formular as alegacións que xulguen oportunas.

A documentación sometida a información pública tamén se pode consultar no enlace:

http://concello.aspontes.org/portal-transparencia/?mdocs-cat=mdocs-cat-37&mdocs-att=CONSULTA%20P%C3%9ABLICA

As Pontes de García Rodríguez, 2 de febreiro de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto 1245/2015, do 2 de xullo)
Antonio Alonso Román
Concelleiro delegado da Área de Facenda, Patrimonio, Urbanismo e Servizos