Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2018 Páx. 12208

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de licitación para a instalación de máquinas expendedoras de comida e bebida.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Oroso.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información.

i. Na casa do concello, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

ii. Teléfono: 981 69 14 78, fax: 981 69 17 86.

iii. Correo electrónico: contratacion@oroso.es

iv. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellooroso.com

v. Data límite de obtención documentación: ata dous días naturais antes do remate do prazo para presentación de proposicións.

vi. Número de expediente: 2018/C006/000002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: licitación de ocupación de espazos municipais con máquinas expendedoras de comida e bebida.

b) Duración da autorización: dous anos, prorrogables por outros dous.

c) Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

d) Tramitación: ordinaria.

e) Procedemento: aberto.

f) Forma: varios criterios de adxudicación.

3. Canon base de licitación: 100 euros anuais por máquina.

4. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 50 % canon ofertado.

5. Requisitos específicos do contratista: véxase a cláusula 4 do prego, de cláusulas administrativas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Na casa do concello, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

b) Teléfono: 981 69 14 78, fax: 981 69 17 86.

c) Data límite de obtención documentación: ata dous días naturais antes do remate do prazo para presentación de proposicións.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación de ofertas: 15 días hábiles a partir do seguinte día desde a derradeira publicación do presente anuncio no BOP, DOG ou perfil do contratante.

b) Documentación que hai que presentar: véxase o artigo 8 do prego.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello.

8. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario ata un límite de 1.000 euros.

Oroso, 22 de febreiro de 2018

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde presidente