Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2018 Páx. 12207

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO da convocatoria dun proceso selectivo para cubrir unha praza de arquitecto técnico.

No BOP de Pontevedra número 21, do 30 de xaneiro de 2018, publicáronse integramente as bases e a convocatoria para a cobertura dunha praza de arquitecto técnico do Concello de Nigrán no marco do proceso de consolidación de emprego temporal.

O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte a aquel en que apareza o anuncio da convocatoria no BOE.

Nigrán, 30 de xaneiro de 2018

Juan A. González Pérez
Alcalde