Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2018 Páx. 12206

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baiona

ANUNCIO de nomeamento de dous axentes de policía local.

De conformidade co disposto no artigo 25 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e o artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, en relación co artigo 134.2 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 10 de abril, faise público, por proposta do órgano de selección cualificador das correspondentes probas selectivas da oferta de emprego público dos anos 2013 e 2016, o nomeamento de funcionarios de carreira, para as seguintes prazas, a favor das persoas que a continuación se relacionan:

– Persoal funcionario:

• Escala básica de Administración especial, subescala de servizos especiais do corpo da policía local do Concello de Baiona.

Categoría: policía.

Leopoldo Miranda Verísimo, con DNI *****333M.

Noe Sánchez Otero, con DNI *****194B.

Baiona, 2 de febreiro de 2018

Ángel Manuel Rodal Almuiña
Alcalde