Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx. 12348

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 12 de febreiro de 2018 pola que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 20 de outubro de 2016 ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/31/2012.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 20 de novembro de 2017, resolución pola que se desestima o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 20 de outubro de 2016, ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/31/2012, ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, pola que se impoñía unha segunda multa coercitiva, ao incumprir o ordenado nas resolucións do 21 de marzo de 2013, do 12 de maio de 2014 e do 24 de novembro de 2014, confirmando, en consecuencia, a resolución impugnada.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Emilia Souto Amado, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase á interesada a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, a interesada pode interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística