Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx. 12350

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 14 de febreiro de 2018 pola que se emprazan os interesados no procedemento abreviado número 20/2018 no expediente sancionador e de reposición da legalidade POL/10/2013-RP1.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra, en relación co procedemento abreviado número 20/2018, interposto por Gustavo Francisco Martínez Loureiro, contra a resolución desestimatoria ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no recurso potestativo de reposición o 6 de novembro de 2017, interposto contra outra do 13 de xullo de 2015 (expediente POL/10/2013-RP1), en que se impón solidariamente aos herdeiros de Francisco Esperón García e a Gustavo Francisco Martínez Loureiro unha multa, como responsables dunha infracción grave tipificada na Lei de costas, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula, que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, emprázanse os herdeiros de Francisco Esperón García para que poidan presentarse como interesados nos autos no prazo de nove (9) días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística