Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx. 12380

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a construción dunha piscina pública en Meicende.

Por Resolución da Alcaldía 346/2018, do 9 de febreiro aprobouse inicialmente o expediente 35/2016.PEID de Plan especial de infraestruturas e dotacións para a construción dunha piscina pública en Meicende, segundo proxecto redactado por Monteoliva Arquitectura, S.L.P. asinado en data novembro de 2017.

Así mesmo, acordouse a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito do plan especial, parte dos predios que contan con referencia catastral 15005A06400201, 15005A06400194 e 001400700NH49G, ámbito sinalado no plano ID-03.

En virtude do disposto polo artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e polo artigo 186 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do expediente de referencia queda sometido a información pública polo prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a presente publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examinar o seu contido no Departamento de Urbanismo do Concello de Arteixo (praza Alcalde Ramón Dopico, nº 1, Arteixo), de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas, e presentar alegacións se o consideren oportuno.

O contido íntegro do plan especial pódese consultar no seguinte enderezo electrónico: http://www.arteixo.org/gl/noticia/anuncio-e-plan-especial-de-infraestruturas-e-dotacions-para-construccion-dunha-piscina-en

Arteixo, 15 de febreiro de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto 1336/2015, do 6 de xullo)
Luís Alberto Castro Calvete
Concelleiro do Departamento de Urbanismo e Medio Ambiente