Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx. 12376

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a licitación da contratación do servizo de transporte do persoal sanitario en diversos puntos de atención continuada (PAC) (expediente AB-EIO1-18-001).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos. Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: Edificio Hospital Santa María Nai, 3ª planta, rúa Ramón Puga, 56.

3º. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4º. Teléfono: 988 38 57 02.

5º. Telefax: 881 54 70 69.

6º. Correo electrónico: contratacion.ourense@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ver o número 2.4.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Número de expediente: AB-EIO1-18-001.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de transporte do persoal sanitario en diversos puntos de atención continuada (PAC) para a realización, fundamentalmente, dos avisos domiciliarios urxentes en horario de funcionamento do PAC.

c) División por lotes e número de lotes: si, tres lotes.

d) Lugar de execución: ver o número 2.1.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución: vinte e catro meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 60100000-9; 60120000-5; 60140000-1.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e contratación documentalmente simplificada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver o número 6.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 390.556,80 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 162.732,00 euros. Importe total: 179.005,20 euros.

b) Lote 1. Importe neto: 41.820,00 euros. Importe total: 46.002,00 euros.

Lote 2. Importe neto: 96.364,80 euros. Importe total: 106.001,28 euros.

Lote 3. Importe neto: 24.547,20 euros. Importe total: 27.001,92 euros.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira, e solvencia técnica ou profesional: ver letras e) e f) do número 6.5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: non proceden.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 26 de marzo de 2018.

b) Modalidade de presentación: ver o número 5.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

2º. Enderezo: Edificio Hospital Santa María Nai, 3 planta, rúa Ramón Puga, 56.

3º. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4º. Correo electrónico: contratacion.ourense@sergas.es

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura de ofertas.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: ver o número 6.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Enderezo: sala de xuntas anexa á Dirección de Recursos Económicos, 5ª planta do Edificio Cirúrxico do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, rúa Ramón Puga, 52.

c) Localidade e código postal: Ourense 32005.

d) Data e hora: a data e a hora de apertura do sobre B (acto público) publicaranse no perfil do contratante, www.sergas.es e na Plataforma de contratos públicos de Galicia
www.contratosdegalicia.gal

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario: ver o número 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 14 de febreiro de 2018.

Ourense, 14 de febreiro de 2018

Dionisio López Bellido
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín
e O Barco de Valdeorras