Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx. 12384

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación da prestación de diferentes servizos de hixiene ambiental.

Por acordo da Xunta de Goberno Local do 9 de febreiro de 2018, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 44/17).

2. Obxecto do contrato: prestación de diversos servizos de hixiene ambiental.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinario/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 54.548,18 euros (IVE excluído). Lote 1: 31.633,80 euros (IVE incluído), lote 2: 31.367,80 euros (IVE incluído), polo prazo de 2 anos (con posibilidade de 1 prórroga dun ano).

5. Garantías. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte á última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante.

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 13 de febreiro de 2018

Eva García de la Torre
Alcaldesa