Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx. 12385

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación do servizo de mantemento de equipamentos de protección contra incendios (extintores).

Por acordo da Xunta de Goberno local con data do 9 de febreiro de 2018, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: concello do Porriño (expediente 25/17).

2. Obxecto do contrato: prestación do servizo de mantemento dos extintores.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinario/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 9.680 € (8.000 € máis 1.680 en concepto de IVE); a razón de 1.000 €/trimestre, máis o IVE correspondente polo prazo de 2 anos (con posibilidade de 2 prórrogas anuais).

5. Garantías. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante.

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 14 de febreiro de 2018

Eva García de la Torre
Alcaldesa