Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx. 12388

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación da venda de material en desuso e chatarra.

Por Acordo da Xunta de Goberno Local do 9 de febreiro de 2018, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 35/17).

2. Obxecto do contrato: venda de material en desuso e chatarra.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 5.282,08 € (IVE non incluído) á alza.

5. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

O Porriño, 15 de febreiro de 2018

Eva García de la Torre
Alcaldesa