Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx. 12389

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación dos servizos de salvamento e socorrismo nos areais deste concello.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Servizo de Medio Ambiente. Nº de expediente: 12.941-306.

2. Obxecto do contrato: a prestación do servizo de vixilancia, socorrismo, salvamento, asistencia sanitaria de primeiros auxilios e seguridade e accesibilidade para o baño de persoas con mobilidade reducida en determinados areais do concello de Vigo, así como a execución das prestacións relativas a bandeira azul que se recollen na cláusula 9 do prego de prescricións técnicas.

Lugar de execución: concello de Vigo.

Prazo de execución: dous anos. Os servizos prestaranse na tempada do 15 de xuño ao 15 de setembro de cada ano. Prórroga: dúas, dun ano de duración cada unha.

3. Tramitación e procedemento:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 801.863,92 euros. IVE para soportar pola Administración: 168.391,42 euros. Orzamento total: 970.255,34 euros.

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE). c) Complementaria: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono 986 81 01 48. Fax 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata sete días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato ou, no caso de que o contrato se licite por lotes, ao lote ou lotes aos cales presenten proposta. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita servizos ou traballos por importe igual ou superior a unha anualidade media do prezo do contrato. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

8. Presentación de ofertas. Prazo: o prazo rematará o día 16 de marzo de 2018.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo; Pza. do Rei, nº 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día do prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anuncianse no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org.

Vigo, 6 de febreiro de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación