Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx. 12391

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación do servizo de asesoramento a pemes e emprendedores.

missing image file

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Desenvolvemento Local e Emprego. Nº de expediente 14.438-44.

2. Obxecto do contrato: a prestación de servizos de información e asesoramento a emprendedores e pequenas e medianas empresas (pemes) e a súa consolidación, por persoal especializado, co obxectivo de promover o emprego de acordo co previsto na estratexia EDUSI Vigo Vertical.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: un ano e sete meses. Prórroga: non procede.

3. Tramitación e procedemento:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 247.930,89 euros. IVE para soportar pola Administración: 52.065,49 euros. Orzamento total: 299.996,38 euros.

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE). c) Complementaria: si; por un importe do 5 % do prezo de adxudicación do contrato excluído o IVE, cando a oferta adxudicada fose cualificada inicialmente como en presunción de oferta anormal ou desproporcionada e fose xustificada adecuadamente.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata sete días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato.

b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: unha relación dos principais servizos ou traballos, de igual ou similar natureza que os que constitúan o obxecto do contrato, realizados nos últimos cinco anos (entenderase que este prazo remata o último día para a presentación de ofertas) que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita servizos ou traballos por importe igual ou superior a unha anualidade media do prezo do contrato. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

8. Presentación de ofertas: prazo: rematará o día 21 de marzo de 2018.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 da folla de especificacións do contrato.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo; praza do Rei, nº 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciaranse no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións: este proxecto é susceptible de ser cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nunha porcentaxe do 80 %, Proxecto EDUSI Vigo Vertical. Se finalmente é aceptada a súa proposta, vai aparecer na lista pública prevista no artigo 115, punto 2 do Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 decembro de 2013.

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 8 de febreiro de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación