Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx. 12394

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación das obras de rehabilitación e transformación do contorno urbano da Gran Vía.

missing image file

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Área de Fomento. Nº de expediente: 5.143-440.

2. Obxecto do contrato: a execución das obras do proxecto de rehabilitación e transformación do contorno urbano da Gran Vía entre a rúa Lepanto e a rúa Nicaragua.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: doce (12) meses. Prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 7.436.445,27 euros. IVE para soportar pola Administración: 1.561.653,51 euros. Orzamento total: 8.998.098,78 euros

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE). c) Complementaria: si; por un importe do 5 % do prezo de adxudicación do contrato excluído o IVE, cando a oferta adxudicada fose cualificada inicialmente como en presunción de oferta anormal ou desproporcionada e fose xustificada adecuadamente.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata sete (7) días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: posuír a seguinte clasificación: grupo G Vías e pistas, subgrupo 6 Obras sen cualificación específica, categoría 4 e grupo J, subgrupo 1, categoría 4.

b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: posuír a seguinte clasificación: grupo G Vías e pistas, subgrupo 6 Obras sen cualificación específica, categoría 4 e grupo J, subgrupo 1, categoría 4.

8. Presentación de ofertas: prazo: rematará o día 22 de marzo de 2018.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das folla de especificacións do contrato.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo; praza do Rei, nº 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día do prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous (2) meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciaranse no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións: este proxecto é susceptible de ser cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nunha porcentaxe do 80 %, Proxecto EDUSI Vigo Vertical. Se finalmente é aceptada a súa proposta, vai aparecer na lista pública prevista no artigo 115, punto 2 do Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 decembro de 2013.

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 9 de febreiro de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación