Segundo sinala o artigo 13 do Decreto 29/2017, do 9 de marzo, de cooperación para o desenvolvemento, de acordo co previsto polo artigo 22 da Lei 3/2003, do 19 de xuño, o Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (en diante, Congacode) é o órgano de consulta e participación da sociedade galega en materia de cooperación para o desenvolvemento e estará adscrito ao departamento competente nesa materia.
O punto primeiro do artigo 15 do Decreto 29/2017, do 9 de marzo, de cooperación para o desenvolvemento, regula a composición do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (Congacode).
O punto terceiro do dito artigo 15 sinala que as persoas vogais do Congacode, excepto a persoa titular da vicepresidencia e as persoas representantes das consellerías da Administración xeral da Xunta de Galicia, serán nomeadas e cesadas pola persoa titular da consellería competente en materia de cooperación para o desenvolvemento, por proposta das entidades con representación nel, mediante orde publicada no Diario Oficial de Galicia, e desempeñarán os seus cargos por un período de catro anos.
Por tanto, vista a proposta de nomeamento formulada polos órganos de goberno dos distintos axentes de cooperación con representación no Congacode e o Acordo do pleno do dito órgano do 19 de decembro de 2017, segundo o disposto no número 3 do artigo 15 do Decreto 29/2017, do 9 de marzo, de cooperación para o desenvolvemento,
DISPOÑO:
Artigo único
1. Cesar como vogais, titular e suplente, do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación das universidades galegas, agradecéndolles os servizos prestados, as seguintes persoas:
Manuel Fernández Iglesias.
Natalia Álvarez Lata.
2. Nomear como vogais do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación das entidades inscritas na sección D do Rexistro Galego de Axentes de Cooperación:
Titular: Débora Navarro García (Fundación Galicia Innova).
Suplente: Cristina Calvo Alamillo (Fundación Mujeres).
3. Nomear como vogais do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación daquelas organizacións non gobernamentais que traballen no eido social e/ou con persoas migrantes ou refuxiadas e outros colectivos afíns ao traballo en cooperación, educación ou acción humanitaria:
Titular: Juan Redondo Abelenda (Cruz Vermella).
Suplente: Joaquín Varela Rivera (Cruz Vermella).
4. Nomear como vogais do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación das universidades galegas:
Titular: Pilar García de la Torre, vicerreitora de Internacionalización e Cooperación da Universidade da Coruña.
Suplente: Almudena Hospido Quintana, vicerreitora de Internacionalización da Universidade de Santiago de Compostela.
5. Nomear como vogais expertos independentes:
Silvana Longueira Matos.
Emilio Manuel Martínez Rivas.
Carlos Teijo García.
Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2018
Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións
Públicas e Xustiza