Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2018 Páx. 12702

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 5 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para a delimitación dos núcleos da Madalena, Escarís-San Mauro e Goiáns-Outeiro-Changuiña-Ponte Goiáns, concello de Boiro (expediente 2017AAE2114; código 2013/2017).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 2 de febreiro de 2018, sobre a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para a delimitación dos núcleos da Madalena, Escarís-San Mauro e Goiáns-Outeiro-Changuiña-Ponte Goiáns, concello de Boiro.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://cmaot.xunta.gal/busca-por-palabra-clave.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático