Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2018 Páx. 12700

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ORDE do 12 de febreiro de 2018 pola que se acorda a adxudicación do procedemento de alleamento mediante poxa pública dun inmoble situado no concello de Larouco e dos dereitos hereditarios de Perfecta García Pinal.

Mediante a Orde desta Consellería de Facenda do 31 e do 24 de outubro de 2017 foi autorizado o alleamento mediante poxa dun inmoble situado no concello de Larouco e dos dereitos hereditarios de Perfecta García Pinal.

Logo de publicarse no Diario Oficial de Galicia do 14 de decembro de 2017, número 236, e nun xornal de ampla difusión (La Región do mesmo día) o Anuncio do 23 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, de alleamento dos citados bens e dereitos, celebrouse o 1 de febreiro de 2018 a poxa pública anunciada, co que, á vista das actas da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o Regulamento de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e tras a proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Primeiro. Aprobar as seguintes adxudicacións:

1. A César Víctor Blanco Rodríguez en terceira poxa, polo prezo de sete mil euros, o terreo de 474 m2, sobre o que se asenta unha edificación de 109 m2, que foi caseta de legoeiros na estrada OU-536 (hoxe OU-636) de Trives á Rúa, no punto quilométrico 19,900, no lugar da Casilla-Freixido, no concello de Larouco. Estrema o conxunto: norte, camiño municipal; leste, estrada OU-636 de titularidade autonómica; sur, Gervasio Álvarez Díaz; oeste, Joaquín Blanco González. Referencia catastral 000900300PG59A0001RI. Inscrita no Rexistro da Propiedade da Pobra de Trives no tomo 375, libro 17, folio 14, predio 1.780.

2. A Manuel García Díaz en terceira poxa, polo prezo de cento trinta e cinco mil cincocentos sesenta e dous euros con oitenta e dous céntimos, os dereitos hereditarios de titularidade da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia sobre a herdanza de Perfecta García Pinal.

Segundo. O pagamento do prezo de adxudicación efectuarase segundo o estipulado no artigo 70.3 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. O inmoble véndese como corpo certo. A venda do ben e dos dereitos formalizarase en escritura pública e serán pola conta dos adquirentes os custos do seu outorgamento. Os tributos derivados da transmisión serán exixidos conforme o disposto na lexislación tributaria. Así mesmo, quedan a cargo do adxudicatario o pagamento dos custos dos anuncios que se producisen neste procedemento de alleamento.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2018

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 9.1.2012; DOG núm. 9, do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda