Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que neste xulgado do social se ditou Resolución o 16 de novembro de 2017, dirixida a Confeccións Ideal, S.L. e outras, contra a que se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber igualmente que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.
Para que lles sirva de notificación en legal forma a Confecciones Ideal, S.L., Bendita Costura, S.L., Deus Deluxe, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Vainica Doble, S.L., Puntada Elaborada, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 22 de xaneiro de 2018
María Blanco Aquino
Letrada da Administración de xustiza