Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2018 Páx. 12694

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (304/2017).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que neste xulgado do social se ditou a Resolución do 16 de novembro de 2017, dirixida a Confecciones Ideal, S.L. e outras, contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber igualmente que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

Para que lles sirva de notificación en legal forma a Confecciones Ideal, S.L., Bendita Costura, S.L., Deus Deluxe, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Vainica Doble, S.L., Puntada Elaborada, S.L. e Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2018

María Blanco Aquino
Letrada da Administración de xustiza