De conformidade co diposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e tendo en conta o disposto no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas coa expresión da convocatoria, o programa, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención.
Así, de conformidade coa normativa indicada, procédese á seguinte publicación:
Convocatoria: Orde do 11 de abril do 2017 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria.
Programa: Iniciativa Xove. Subvencións concedidas a entidades xuvenís do ámbito provincial de Lugo, cuxa resolución corresponde á xefa territorial, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social, segundo o disposto na disposición adicional terceira da Orde do 11 de abril do 2017.
Crédito orzamentario: 24.000,00 € (vinte e catro mil euros), para o ámbito provincial. Crédito orzamentario total da convocatoria 545.161.57 € (cincocentos corenta e cinco mil cento sesenta e un euros con cincuenta e sete céntimos).
Aplicación orzamentaria: 12.05.313A.481.0.
Código do procedemento: BS306B.
Código de proxecto: 2015 00528.
Finalidade: fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa comunidade autónoma, a través de proxectos integrais e específicos de actuación.
Entidades beneficiarias e contía: as entidades beneficiaras e o importe concedido relacionanse no anexo á resolución.
Lugo, 20 de febreiro do 2018
María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Número de proxecto |
Proxecto |
CIF |
Entidade beneficiaria |
Importe subvención concedida |
2017/001-2 |
Xaque Mate |
G27336353 |
Asociación Cultural Xaquedrum |
5.000,00 € |
2017/002-2 |
Espazo de encontro e crecemento no tempo de lecer |
G27013309 |
Asociación Xuvenil e Cultural Ateibo |
3.150,00 € |
2017/003-2 |
Programa de ocio e tempo de lecer |
G27202043 |
Asociación Síndrome de Down Lugo |
5.000,00 € |
2017/004-2 |
Tir na N’Og 2017 |
G27383785 |
Asociación Xuvenil Tir na N’Og |
3.100,00 € |
2017/005-2 |
Cervexa artesá, elaboración e posibilidades que ofrece no rural |
G27491026 |
Asociación Savilemos |
2.750,00 € |
2017/006-2 |
Actividades para adolescentes- campamento multiaventura |
R2701016D |
Cáritas Diocesana de Lugo |
5.000,00 € |