Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 9 de marzo de 2018 Páx. 14382

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 28 de febreiro de 2018 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios.

Mediante a Orde da Consellería de Facenda do 31 de marzo de 2017 (DOG núm. 69, do 7 de abril) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios.

Mediante a Orde da Consellería de Facenda do 5 de febreiro de 2018 (DOG núm. 29, do 9 de febreiro) nomeouse o tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo.

Por circunstancias sobrevidas modifícase a composición do dito tribunal cualificador, polo que esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Nomear como vogal titular a Paula Oliete Trillo, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, que figuraba como secretaria suplente.

Segundo. Nomear como secretaria suplente a Elvira María Casal García, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, que figuraba como vogal suplente.

Terceiro. Nomear como vogal suplente a Juan Manuel López Pais, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de veterinarios, que figuraba como vogal titular.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2018

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda