Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 9 de marzo de 2018 Páx. 14464

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a contratación do servizo de limpeza en diversos centros dependentes desta xerencia (expediente AB-EIL1-18-005).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos. Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: rúa Doutor Ulises Romero, nº 1, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: Lugo 27003.

4º. Teléfono: 982 29 62 29/60 57/60 47.

5º. Telefax: 982 29 65 92.

6º. Correo electrónico: ContratacionAdm.Eoxi.Lugo@sergas.es o fermin.janeiro.lopez@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: último día de presentación de proposicións, todos os días laborables das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-EIL1-18-005.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de limpeza en diversos centros (centros de saúde e PAC’s) dependentes da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si. Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Enderezo: ver pregos de cláusulas administrativas particulares.

2º. Localidade e código postal: ver pregos de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución/entrega: vinte e catro meses.

f) Admisión de prórroga: Si. Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

g) Establecemento dun acordo marco (se é o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (se é o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 90911200-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación:

1º. Oferta económica: ata 50 puntos.

2º. Memoria técnica prestación do servizo: ata 36 puntos (organización do servizo e recursos humanos adscritos ao servizo: ata 20 puntos, organización do retén 24 horas: ata 6 puntos, procedemento de información e control do servizo: ata 5 puntos, medios materiais e produtos de limpeza asignados ao contrato: ata 3 puntos e medios enerxéticos e colaboración en casos de emerxencia: ata 2 puntos).

3º. Melloras ofertadas para a prestación do servizo: ata 9 puntos.

4º. Auditorías externas de calidade ofertadas: ata 5 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 5.592.124,04 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 2.150.816,94 €. b) Importe total: 2.602.488,50 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non.

Definitiva: 5 % do presuposto de licitación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría): optativa. Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional. Económica: cifra de negocios dun exercicio igual ou superior ao orzamento de licitación do lote/lotes a que licite. Técnica: un servizo similar que iguale ou supere o 50 % do orzamento de licitación do lote/lotes a que licite.

c) Outros requisitos específicos: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 27.3.2018.

No caso de que ese día coincida en sábado, domingo ou festivo, o prazo de presentación finalizará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Universitario Lucus Augusti.

2º. Enderezo: rúa Doutor Ulises Romero, nº 1, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: Lugo 27003

4º. Enderezo electrónico: ContratacionAdm.Eoxi.Lugo@sergas.es

d) Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido): non procede.

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: seis meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: mesas de apertura dos sobres B e C.

b) Enderezo: sala 305 da xerencia, no Hospital Universitario Lucus Augusti. Dr. Ulises Romero, nº 1, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Lugo 27003.

d) Data e hora: a data e a hora de realización das mesas de apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario/s do contrato.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (se é o caso): 2.3.2018.

12. Outras informacións:

Lugo, 2 de marzo de 2018

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos