Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 9 de marzo de 2018 Páx. 14468

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a licitación para a contratación dun servizo de mantemento do equipamento electromédico instalado en distintos centros dependentes desta xerencia (expediente AB-EIL1-18-003).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

2º. Enderezo: rúa Doutor Ulises Romero, 1.

3º. Localidade e código postal: Lugo 27003.

4º. Teléfonos: 982 29 60 47/057/229.

5º. Telefax: 982 29 65 92.

6º. Correo electrónico: contratacionadm.eoxi.lugo@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención da documentación e información: ata o último día de presentación de ofertas, todos os días laborais das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-EIL1-18-003.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de mantemento do equipamento electromédico instalado nos distintos centros da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si, 9 lotes.

d) Lugar de execución/entrega: Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

1º. Domicilio: ver os pregos.

2º. Localidade e código postal: ver os pregos.

3º. Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si, ver os pregos.

g) Establecemento de un acordo marco: si.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 50420000-5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: lote 1: proxecto xestión do servizo (35 %), oferta económica (47 %), mellora en tempo de resolución de avisos normais, urxentes e críticos (6 %), mellora en tempo de reposición equipos de substitución (2 %) e acordos de colaboración con fabricantes (10 %). Lotes 2 a 9: proxecto xestión do servizo (30 %), oferta económica (55 %) e acordos de colaboración con fabricantes (15 %).

4. Valor estimado do contrato: 7.003.200,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 2.918.000,00 €.

b) Importe total: 3.530.780,00 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación do/s lote/s, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría): non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional. Económica: cifra de negocios dun exercicio igual ou superior ao orzamento de licitación do/dos lote/lotes ofertados. Técnica: dos servizos similares que igualen ou superen o 50 % do orzamento de licitación do lote/lotes ofertados.

c) Outros requisitos específicos: ver pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 28.3.2018.

Se o último día de presentación de proposicións, coincide en sábado, domingo ou festivo na localidade establecida no punto 1.c).3º desta resolución, prorrogarase o prazo, ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver os pregos.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do HULA.

2º. Enderezo: rúa Doutor Ulises Romero, 1, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: Lugo 27003.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ver os pregos.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: apertura pública dos sobres B e C.

b) Enderezo: HULA. Rúa Doutor Ulises Romero, 1, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Lugo 27003.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: serán por conta dos adxudicatarios.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 2.3.2018.

12. Outras informacións: cada licitador so poderá presentar ofertas para un máximo de 2 lotes. Ver os pregos.

Lugo, 2 de marzo de 2018

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos