Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 9 de marzo de 2018 Páx. 14391

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 779/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 779/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel González Suárez contra Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza nº 39/2018.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2018.

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como PO (en materia de reclamación de cantidades salariais) baixo o número 779/2016, en que é parte demandante José Manuel González Suárez, asistido polo letrado Sr. Carballo Jardón, e son partes codemandadas a mercantil Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citada en legal forma e tempo e o Fondo de Garantía Salarial (tamén e en diante, Fogasa), que tampouco comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citado en legal forma e tempo en unidade de autos, en nome do rei dito a presente sentenza con base nos seguintes

Fallo.

Que debo estimar substancialmente e estimo substancialmente a demanda presentada por José Manuel González Suárez, asistido polo graduado social Sr. Carballo Jardón, fronte á empresa Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (tamén Fogasa) e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. a aboar ao traballador demandante José Manuel González Suárez a cantidade de principal de 3.508,02 euros (cantidade total devindicada pola falta de pagamento dos conceptos salariais seguintes: salarios base + rateo pagas extras + complemento de perigosidade + complemento de transporte + complemento de vestiario + horas nocturnas tanto no mes de setembro de 2015 coma no mes de outubro de 2015 e, así mesmo, os 15 días das vacacións non desfrutadas do ano 2015, segundo a desagregación detallada do feito probado terceiro da presente resolución xudicial) máis a cantidade que resulte e se calcule en ulterior fase de execución de sentenza en concepto de xuro por mora no pagamento do salario sobre a cantidade de principal que teña a condición de cantidade salarial, ex articulos 26 e 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Todo iso sen prexuízo da responsabilidade legal que poida corresponder ao Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta sentenza ás partes interesadas, coa advertencia de que non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación, que se deberá presentar ante este órgano de xustiza no prazo legalmente previsto de cinco días hábiles contado desde o día seguinte ao de notificación da presente sentenza, para ante este órgano de justicia para ante el Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, logo da consignación para tal efecto legalmente prevista e atendendo aos requisitos e presupostos legais, de acordo co disposto no artigo 191, seguintes e concordantes da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta miña sentenza, da que se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, o pronuncia, manda e asina.

A xuíza substituta»

E para que sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza