Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 9 de marzo de 2018 Páx. 14390

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (261/2017).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 261/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Elena Couselo Domínguez contra Deus Creaciones, S.L., Confección Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Fogasa, Puntada Elaborada, S.L., administración concursal de Deus Creaciones, S.L., administración concursal Confecciones Deus, S.L., administración concursal de Confecciones Fraga, S.L., administrador concursal de Costura Invisible, S.L., administrador concursal de Confección Ideal, S.L. (Ana Mª Barreiro Martínez), administrador concursal de Shivshi, S.L., administrador concursal de Plataforma Costurera, S.L., Confecciones Deus, S.L, Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L, Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Perseo Textil, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución do 21 de decembro de 2017 contra a que se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Perseo Textil, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de febreiro de 2018

O letrado da Administración de xustiza