Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2018 Páx. 14598

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 1 de marzo de 2018 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Advertido erro na orde antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 48, do 8 de marzo de 2018, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 13914, no punto II.3.1.1, letra c), onde di: «...outorgarase a seguinte puntuación segundo o nivel do posto de traballo que se ocupe con carácter definitivo como funcionario do corpo de xestión...», debe dicir: «...outorgarase a seguinte puntuación segundo o nivel do posto de traballo que se ocupe con carácter definitivo como funcionario do corpo administrativo...».