Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2018 Páx. 14597

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 1 de marzo de 2018 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

Advertidos erros na orde antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 47, do 7 de marzo de 2018, cómpre facer as seguintes correccións:

– Na páxina 13329, no punto I.2.3, onde di: «Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.», debe dicir: «I.2.3. Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título de graduado en educación secundaria obrigatoria. Así mesmo, observarase o establecido na Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de graduado en educación secundaria obrigatoria e de bacharelato regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada mediante a Orde EDU/520/2011, do 7 de marzo».

– Na páxina 13343, no punto 7 do anexo I, onde di: «...título preliminar, libro primeiro e capítulo I do libro segundo.», debe dicir: «...título preliminar, libro primeiro e capítulo I do título I do libro segundo».