Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2018 Páx. 14570

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

EXTRACTO da Resolución do 1 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula e se convoca o Programa de escolas abertas destinado a persoas directivas e responsables de impartir docencia nas entidades galegas e a persoas galegas residentes fóra de Galicia para o ano 2018 (PR923E, PR923H).

BDNS (Identif.): 388888.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas para este programa as persoas responsables de impartir docencia naquelas entidades galegas asentadas fóra de Galicia que estean recoñecidas en calquera das categorías establecidas no artigo 4 da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, e de conformidade co disposto no artigo 2 da resolución.

Segundo. Obxecto

Establécense as bases reguladoras polas que se rexerá a realización de obradoiros culturais de especialización de carácter presencial dirixidos a persoas responsables de impartir docencia nas entidades galegas do exterior e a persoas galegas residentes fóra de Galicia.

Así mesmo, é obxecto desta resolución a convocatoria de axudas para participar nos obradoiros para o ano 2018, procedementos PR923E e PR923H.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 1 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula e se convoca o Programa de escolas abertas destinado a persoas directivas e responsables de impartir docencia nas entidades galegas e a persoas galegas residentes fóra de Galicia para o ano 2018 (PR923E, PR923H).

Cuarto. Importe

As subvencións do presente programa teñen a consideración de axudas en especie e, consecuentemente, non supoñen contabilización do gasto. Os servizos que se prestan ás persoas participantes neste programa serán obxecto de licitación de acordo coa normativa de contratos do sector público.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes será de 40 días naturais contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2018

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración