Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2018 Páx. 15159

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 27 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, de notificación de incoación de expediente de exclusión de listas de selección temporal.

Para que sirva de notificación a Nedal Ietum Taher, ao non ter sido posible efectuar esta no último domicilio coñecido do interesado, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 16 de outubro de 2017, se iniciou un procedemento administrativo de exclusión de listas de selección temporal na categoría de médico de familia.

O texto íntegro do acordo de incoación, así como a documentación que figura no expediente, están á disposición do interesado nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde. Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

O interesado disporá dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao desta publicación, para formular sobre o contido do acordo de iniciación as alegacións que xulgue convenientes.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2018

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos