Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2018 Páx. 15160

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para a ordenación volumétrica do estadio de Riazor (expediente 631/2017/187).

O Pleno municipal, na sesión que tivo lugar o día 5 de marzo de 2018, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle para a ordenación volumétrica do Estadio de Riazor. Concello da Coruña. Febreiro de 2018, promovido polo Concello da Coruña e redactado por Monteoliva Arquitectura, S.L.P.

Segundo. Ordenar a publicación e a realización dos demais trámites necesarios para a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do estudo de detalle aprobado, de conformidade co disposto nos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e correspondentes do Regulamento da Lei do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro».

O contido íntegro do estudo de detalle aprobado pódese consultar no enderezo electrónico https.www.coruna.gal/urbanismo, na epígrafe «planeamiento/planeamiento vigente» ou ben, desde a mesma web, a través do «Visor Estado Desarrollo PGOM 2013».

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei do solo de Galicia e artigo 201.1 do Regulamento de desenvolvemento da citada lei) no prazo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

A Coruña, 6 de marzo de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2015)
Xiao Varela Gómez
Tenente de alcalde de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda