Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2018 Páx. 15154

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a licitación do servizo de mantemento informático e infraestrutura de rede e servidores de centros dependentes desta xerencia (expediente AB-EIO1-18-007).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Estrutura de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos-Servizo de Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Hospital Santa María Nai, 3º andar. Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: rúa Ramón Puga, 56.

3º. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4º. Teléfono: 988 38 59 49.

5º. Fax: 881 54 70 69.

6º. Correo electrónico: contratacion.ourense@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de documentación.

d) Número de expediente: AB- EIO1-18-007.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de mantemento informático e infraestrutura de rede e servidores de centros dependentes da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, así como de equipamento e elementos conectados ou que se poidan conectar, á rede informática do Sergas e situados noutros centros públicos e privados que non dependen directamente da EOXI de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

c) División por lotes e número de lotes: si, dous (2) lotes.

d) Lugar de execución/entrega: véxase o número 2.6 do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante, PCAP).

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses desde a data de formalización.

f) Admisión de prórroga: si, véxase o número 2.5.2 do PCAP.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV: 50312000-5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxase o número 6.5 do PCAP.

4. Valor estimado do contrato: 2.138.016,50 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 822.314,04 euros.

b) Importe total: 995.000,00 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): véxase o número 6.6.2.d) do PCAP.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, de ser o caso: véxanse os números 6.6.2. e) e f) do PCAP.

c) Outros requisitos específicos: non proceden.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 9.4.2018.

Se o último día do prazo de presentación de ofertas coincide en día inhábil (sábado, domingo ou festivo) na localidade establecida no número 1.c).3 desta resolución, este prazo prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: véxase o número 5.2 do PCAP.

c) Lugar de presentación:

Dependencia: Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Domicilio: Edificio Santa María Nai, 3º andar; rúa Ramón Puga, 56.

Localidade e código postal: Ourense 32005.

d) Número previsto de empresas que se pretenden convidar para presentaren ofertas: non procede.

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: véxase o número 5.6.4 do PCAP.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: véxase o número 6 do PCAP.

b) Enderezo: sala de reunións 2 do Hospital Santa María Nai, 3º andar; rúa Ramón Puga, 56.

c) Localidade e código postal: Ourense 32005.

d) Data e hora: a data e hora de apertura do sobre B publicaranse no perfil de contratante www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: véxase o número 3.4 do PCAP.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 27.2.2018.

12. Outras informacións.

Ourense, 27 de febreiro de 2018

Dionisio López Bellido
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras