Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2018 Páx. 15112

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 28 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, polo que se emprazan as persoas interesadas nos expedientes de subvención para o fomento da silvicultura 14320089/2016 e 14320118/2016.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) e que se sinalan no anexo, a resolución do procedemento dos expedientes de subvención número 14320089/2016 e 14320118/2016 (Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural, en concorrencia competitiva, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2016).

As persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro das mencionadas resolucións e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producidas desde o día seguinte ao da data de finalización deste.

Concédese ás persoas interesadas un prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, en que poderán interpoñer potestativamente o recurso de reposición perante a conselleira do Medio Rural ou, directamente, recurso contencioso-administrativo perante o órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que as persoas interesadas poida exercer calquera outro que consideren pertinente.

O presente anuncio expídese para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que se fai constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2018

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal

ANEXO

Expediente: subvención núm. 14320089/2016.

Interesada: CMVMC de Estevesiños.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: subvención núm. 14320118/2016.

Interesada: CMVMC de Prado.

Acto de notificación: resolución.