Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2018 Páx. 15164

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia

ANUNCIO da convocatoria de tres cadeiras de académicos/as numerarios/as.

Convócanse, para a súa provisión, as tres cadeiras de académico/a numerario/a de Medicina Militar, Hidroloxía Médica e Traumatoloxía e Cirurxía Ortopédica.

Para poder aspirar a tales cadeiras é preciso ter nacionalidade española e residir en Galicia, estar en posesión do título de doutor en Medicina e posuir un relevante e acreditado prestixio científico e profesional, avalado polas súas responsabilidades, investigacións, publicacións ou traballos científicos orixinais.

Ninguén poderá presentar persoalmente a súa candidatura para o posto de académico/a.

As propostas serán formuladas por tres académicos/as de número dos cales, polo menos un, deberá pertencer á sección en que estea incluída a dita vacante.

Non se tramitará ninguna proposta que leve máis de tres sinaturas, nin as que leven sinaturas que consten xa noutra candidatura concorrente á mesma praza.

As propostas deberán ir xunto cun curriculum vitae do candidato e presentaranse na Secretaría da Real Academia de Medicina (rúa Durán Loriga, 10, 2º, 15003 A Coruña), no prazo de quince (15) días naturais a partir da publicación deste anuncio.

A Coruña, 16 de febreiro de 2018

Francisco Martelo Villa
Académico numerario secretario xeral da Real Academia
de Medicina de Galicia