Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2018 Páx. 15229

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 6 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2017.

Advertido erro no contido do anexo que acompaña á referida resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 34, do 16 de febreiro de 2018, cómpre facer a oportuna corrección.

Na páxina 10525, o ANEXO «Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Mar nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2017», substitúese polo seguinte:

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Mar nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2017

Descrición

Importe

Data

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a Asociación Española de Maioristas, Importadores, Exportadores e Transformadores de Produtos da Pesca e a Acuicultura (Conxemar)

108.900,00 €

20.9.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a incorporación e uso da marca de garantía da USC «pescaenverde» xunto coa marca de garantía da Consellería do Mar «pescaderías ¿de onde se non?»

18.150,00 €

20.9.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Público de Emprego Estatal, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Comunidade Autónoma de Galicia para a realización de accións do Plan de traballo 2017-2018 do Centro de Referencia Nacional de Pesca e Navegación no ámbito da formación profesional

Sen custo

económico

24.10.2017

Convenio entre a Consellería do Mar e a Universidade de Vigo para a realización da acción de investigación Estudo da variabilidade espacial do ciclo reprodutivo da navalla na ría de Vigo e a súa aplicación á xestión pesqueira

165.983,00 €

6.11.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Universidade de Vigo e Anfaco-Cecopesca para a realización da acción de investigación Estudo da bioloxía, status poboacional e diversidade xenética da Holoturia (Holothuria forskali) na Ría de Vigo

209.480,00 €

15.11.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asemblea da Comunidade Autónoma de Galicia da Cruz Vermella Española

30.000,00 €

23.11.2017