Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2018 Páx. 15290

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (632/2016).

Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, anuncia:

No presente procedemento seguido por instancia de Ricardo Pardo Fernández fronte a María Luz Vázquez Arias ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza número 466.

En Vigo o vinte e tres de outubro de dous mil dezasete.

María del Carmen Salvado Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 632/2016 sobre disolución do matrimonio por divorcio, en que actúa como demandante Ricardo Pardo Fernández, representado pola procuradora dos tribunais María José Argiz Vilar e con asistencia letrada de José Luis Feijoo Borrego, contra María Luz Vázquez Arias, declarada en situación de rebeldía procesual, sobre a base dos seguintes:

Seguen antecedentes de feito

Resolución:

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Argiz Vilar, en nome e representación de Ricardo Pardo Fernández, contra María Luz Vázquez Arias, declarada en situación de rebeldía, estimo esta e declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado polos referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes á devandita declaración.

Non se fai unha especial imposición en canto ás custas.

Firme que sexa esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil onde consta a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal, deixándose constancia de tal circunstancia nos autos.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

E encontrándose a devandita demandada, María Luz Vázquez Arias, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a esta.

Vigo, 4 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza